Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘OpenStreetMap’

Como acto para conmemorar a “Xornada pola ciencia en galego” o profesor deste centro Rafael Ávila Coya impartiu un relatorio sobre a plataforma OpenSreetMap.org, o mapa mundial libre, coa asistencia de alumnado de 1º de bacharelato e do segundo ciclo de ESO.

RelatorioOpenStreetMap_420

Esta ferramenta foi ideada polo enxeñeiro informático Steve Coast, motivado pola imposibilidade de corrixir erros nos mapas dispoñibles en internet da súa zona de residencia.

Neste centro o uso e participación en OpenStreetMap comezou coa elaboración dunha Guía non oficial de Noia por parte do alumnado das Ensinanzas de Adultos dentro do programa Grundtvig, tamén impulsados pola necesidade de corrixir erros e incoherencias lingüísticas nos mapas dixitais privativos.

Seguramente a mostra máis importante e irrebatible da importancia dun mapa aberto e colaborativo en internet deuse con ocasión da axuda ás vítimas do terremoto de Haití o pasado mes de xaneiro, tal como se recolle neste artigo de Agnix.org.

Outro bo exemplo é o mapeo para proxectos humanitarios de barrios marxinais das grandes cidades que na cartografía oficial e privativa aparecen coma espazos en branco, como é o caso do barrio de Kibera en Nairobi (Kenia).

A máis de traballos e traxedias, OpenStreetMap sérvenos tanto para preparar unha viaxe a calquera parte do mundo como unha pequena excursión en bicicleta.

Mapa ciclista Noia_500

Mapa dos arredores de Noia coa renderización «mapa ciclista»
Preme na imaxe para velo en OpenStreetMap

E o fundamental: todos podemos utilizalo libremente e todos podemos colaborar.

Read Full Post »