O pasado 14 de outubro tivo lugar na compostelá praza de Cervantes a presentación do último libro de Manuel Rivas, Todo é silencio. Diante de numeroso público e de medios de comunicación asistimos a un acto verdadeiramente especial no que a música e os fados en directo alternaban coa lectura que o escritor facía de determinados fragmentos da súa nova obra.
Baseado unha vez máis no rescate do esquecemento de anacos da nosa memoria colectiva, o autor sitúa en Brétema a acción desta novela chea de poesía e compromiso, como nel é habitual e non exenta de humor e ironía.
Foto lateral: Adrían Estévez en Wikimedia Commons, licenza GFDL.

Un momento do acto (foto propia)