Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Tradicións’ Category

          … Foi o mar de Lariño quen nos acolleu o pasado mércores 27 de abril da man de Jorge García-Valenciano. Estivemos a Aula Específica e as aulas de 1º de ESO do noso centro participando nesta proposta. Percorrimos toda a praia, partindo do faro, á procura de diversos materiais para realizar un catálogo de obxectos curiosos: todos tiñan unha posibilidade plástica, todos podían formar parte dun proxecto artístico. Esa foi a mensaxe que Jorge quixo achegarnos. El (xa sabedes que traballa nas artes plásticas) recolle as crebas que o mar deposita nas praias co propósito de incorporalas a unha obra de arte. Así “rescatamos” un asento de coche, múltiples envases de plástico, unha pina, varias boias e cabos (que no mar a única corda é a do reloxo), unha caixa de refrescos, dúas bulsas, pequenas pedras con formas diversas, unha bandeira cunha mensaxe, latas, algas arrincadas do fondo, anacos de redes, tiras de espuma, unha esponxa artificial, pólas de árbores, unha táboa, botellas sen mensaxes nin etiquetas…. Umm!, e que máis?

todososmares.jpg

          Recollemos, pois, nós tamén as crebas como fixeron durante moitos anos as nosas antepasadas, os nosos antepasados. Nesta ocasión cun novo obxectivo: de todo podemos tirar un proveito artístico. De paso limpamos un pouco a praia de moitos obxectos que non teñen alí o seu lugar e houbo quen se deu un baño.

Inma Rodríguez, profesora de grego e de plástica.

Advertisement

Read Full Post »

Sabedes o que é o Folión? en Viana do Bolo víveno así. Esta é unha pequena mostra de como se conserva o Antroido na provincia de Ourense. Merece a pena darse unha volta por Laza, Verín, Xinzo de Limia, Vilariño de Conso… vémonos alí o ano que vén!!!!

Fonte: marlouso, YouTube.

Read Full Post »