Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Saídas’ Category

O alumnado de 1º de Bach saíu o xoves 5 de Maio a Panxón para percorrer os escenarios de A praiados afogados.

Ao chegar alí xuntáronse con outros centros e subiron a Monteferro, un dos lugares onde acontecen os principais feitos da novela. Alí, o froiteiro do pobo explicoulles a toponimia e a talasonimia da zona e ensinoulles as illas onde se afundiu “ O xurelo “. Logo fixeron un pequeno roteiro camiñando para logo baixar á Praia da Madorra, que é propiamente a praia dos afogados,onde apareceu o morto que
investigaron Estévez e Leo Caldas.

Subiron logo ao templo votivo e rematamos en Praia América, onde lles dixeron adeus aos seus compañeiros.

Continuando pola costa cara a Vigo viron o lugar onde se cometera o 1º asasinato da 1ª novela de Leo Caldas, en Toralla, e buscamos na ría por se aparecía algún cadáver máis, pois cerca de Domaio sabemos que acontecerán os feitos da seguinte novela de Domingo Villar, segundo nos dixo cando estivo no noso instituto.

Gerardo Rodríguez, profesor de Ciclo de Electrónica.


Advertisement

Read Full Post »

          … Foi o mar de Lariño quen nos acolleu o pasado mércores 27 de abril da man de Jorge García-Valenciano. Estivemos a Aula Específica e as aulas de 1º de ESO do noso centro participando nesta proposta. Percorrimos toda a praia, partindo do faro, á procura de diversos materiais para realizar un catálogo de obxectos curiosos: todos tiñan unha posibilidade plástica, todos podían formar parte dun proxecto artístico. Esa foi a mensaxe que Jorge quixo achegarnos. El (xa sabedes que traballa nas artes plásticas) recolle as crebas que o mar deposita nas praias co propósito de incorporalas a unha obra de arte. Así “rescatamos” un asento de coche, múltiples envases de plástico, unha pina, varias boias e cabos (que no mar a única corda é a do reloxo), unha caixa de refrescos, dúas bulsas, pequenas pedras con formas diversas, unha bandeira cunha mensaxe, latas, algas arrincadas do fondo, anacos de redes, tiras de espuma, unha esponxa artificial, pólas de árbores, unha táboa, botellas sen mensaxes nin etiquetas…. Umm!, e que máis?

todososmares.jpg

          Recollemos, pois, nós tamén as crebas como fixeron durante moitos anos as nosas antepasadas, os nosos antepasados. Nesta ocasión cun novo obxectivo: de todo podemos tirar un proveito artístico. De paso limpamos un pouco a praia de moitos obxectos que non teñen alí o seu lugar e houbo quen se deu un baño.

Inma Rodríguez, profesora de grego e de plástica.

Read Full Post »

      Por terceiro ano consecutivo o noso alumno de 3º da ESO, Uxío Lojo, participou no concurso de relato oral  “Tíralle de Lingua”. Tampouco recibiu ningún premio este ano pero o importante é participar e acudir ao Teatro Principal de Santiago para ver como o resto dos compañeiros interpretan os seus monólogos. Uxío preparou este ano un texto de Luís Piedrahita titulado na súa versión ” Servilletas de Papel”.

Se cadra, Uxío, para o ano habería que ir preparando un texto orixinal, non si?

Read Full Post »