Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Mes Cultural 2011’ Category

O Liceo de Noia prestou amablemente ao IES Campo de San Alberto as súas instalacións para a representación das dúas obras de teatro preparadas polo alumnado do centro.

O grupo Debalde.com representou O Achado do Castro, de M. Núñez Singala, con alumnado da ESO, preparados polas profesoras Amalia e Mª Xosé , que gozou de grande éxito entre o público asistente.

Por outra banda, o grupo da Aula Específica, Superespeciais.com, representou unha adaptación ao galego do entremés de Cervantes ” O vello ciumento”, tamén con grandes aplausos do público.

teatro-debalde_o-achado-do-castro

Un momento da representación de O Achado do Castro no Liceo de Noia

Advertisement

Read Full Post »

O IES Virxe do Mar encargouse este ano do acto de entrega de premios da XVII edición do certame literario que organizan cada ano os dous centros de Noia.

Tras unha introdución musical e a lectura de versos de Lois Pereiro, recordouse a figura do profesor Alberto Romasanta a modo de homenaxe. A continuación entregáronse os premios e os diplomas aos participantes para rematar cun peche musical, de novo a cargo de alumnado do centro, e cun ágape.

O alumnado do Virxe do Mar acaparou os premios de poesía excepto no nivel I, que quedou deserto. En narrativa os premios foron máis repartidos entre o alumnado dos dous centros.

Premios-poesia-2011_800

Read Full Post »

Destinada a alumnado da ESO, esta actividade do Mes Cultural realizouse en dúas partes, unha na aula de informática para alumnado de 4º e outra en Audiovisuais para os de 3º ,e tiña como finalidade achegarnos un pouco máis ao descubrimento da conformación do universo coa axuda das novas tecnoloxías. Foi impartida por Salvador X. Bara, Profesor de Óptica e Optometría da USC.

Read Full Post »

Aí van algunhas fotos do acto en homenaxe a Lois Pereiro que vos anunciamos o pasado mércores. O alumnado esmerouse no deseño dos poemas diante da mirada perplexa dalgúns peóns que pasaban por alí e paraban a ler con curiosidade. Asistiron alumnos e alumnas dos dous institutos de Noia e esta é unha pequena mostra do proceso e do resultado.

Read Full Post »

Para conmemorar o día das letras galegas e dentro do mes cultural, onte día 11 de Maio, asistimos no salón de actos do noso centro á actuación do grupo de música tradicional “ A Subela “, de Noia, que estaba formado por cinco compoñentes.

Non todos tiñan as mesmas voces, había voces masculinas e voces femininas. Os instrumentos que tiñas eran: a pandeireta, o tambor, a lata, a chave, a tixola e o sacho. Explicáronnos de onde proviñan eses instrumentos e fixéronnos unhas mostras de como soaba cada un. Algúns deles estaban compostos por utensilios de cociña.

Tamén nos mostraron algunhas cancións feitas por eles e dixéronnos que tiñan dende fai pouco un CD á venda. Ao remate deixáronnos, se queriamos, tocar os instrumentos e houbo algún voluntario. Foi moi divertido, entretido e animado.

Gústanme este tipo de actividades, a música tradicional é moi bonita. Gustaríame que viñesen máis actuacións así.

Judith Martínez, 4º ESO  

Read Full Post »

Xavier Vence é un catedrático da universidade de Santiago de Compostela que nos deu unha charla sobre un tema actual e de gran interese: A CRISE.

Segundo Vence, levamos catro anos sumidos nunha crise financeira, de oferta e de demanda e sobre todo, global; que afecta a todo o mundo pero de diferente maneira, quedando Europa e EE UU como os máis afectados.

As causas desta crise pódense dividir en globais,como o problema financeiro ou en específicas,como a especulación
inmobiliaria no caso de España.

Xavier tamén mencionou os indicadores da crise : o descendo do emprego,o aumento do paro,o comercio internacional;no que se importa máis do que se exporta etc.

Por último,propuxo algunhas alternativas para saír desta tempada de estancamento ,entre elas: cambiar o sistema financeiro,eliminar os paraísos fiscais ou o investimento na economía produtiva.

Celia Viña Molinos, 1º Bach C.

Read Full Post »

Older Posts »