A tarde do luns 3 de maio, Paula Carballeira “aterrorizounos” cunha chea de contos. Estabamos a ESA, Ciclos, 1º e 3º de ESO e xa podedes supor de que ían os contos…….. DE MEDO!!!!!! O primeiro que contou, ai ai!!!, sobre unha “neniña” que se fixo a valente coas amigas. Despois viñeron uns cantos máis, todos “terroríficos”, como un de dous amigos moi amigos, que por unha linde un mata a outro e o morto víngase, ai ai!!!, de que maneira!!?? E lembrades os outros?
En cada relato Paula conseguiu de nós toda a atención e tensión precisas para suxestionarnos coas súas palabras, cos seus xestos, mesmo cos seus berros. E vaia se berramos nalgún momento!!!! E aplaudimos ao final e ao final divertímonos con tanto medo.
Inma Rodríguez, profesora de Plástica e Grego do centro.