Os niveis I e II , son cursos preparatorios para acadar as competencias e destrezas básicas que permitan seguir os estudos no terceiro nivel é dicir, no graduado en secundaria para adultos. Nestes niveis están matriculadas persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 85 anos; maioritariamente xubilados, mulleres e rapaces que non acadaron os obxectivos da educación primaria.
O alumnado do nivel II está a participar nun proxecto europeo GRUNDTVIG xunto con Institutos e organizacións de persoas adultas de Madeira (Portugal); Nápoles (Italia), Volos (Grecia) e Ballina (Irlanda).
Co proxecto “Somos diferentes, somos parecidos, somos europeos”, preténdese poñer de manifesto as semallanzas e diferenzas entre os diversos países participantes a través de aspectos tan distintos como refráns e ditos populares, karaokes con cancións tradicionais, remedios mediciñais ou as pedras con historia.
“Se as pedras falaran” é una parte deste traballo que inclúe o estudo de laudas, petroglifos, hórreos, cruceiros, fontes e lavadoiros que seguro que teñen moitas cousas que contarnos do noso pasado.
Coa axuda das novas tecnoloxías, o alumnado do nivel II realizou pesquisas e recopilou información sobre o noso patrimonio, con iso están a realizar una serie de linóleos, pirograbados, bordados, debuxos etc co obxectivo de facer una exposición itinerante polos países que participan no proxecto.
O primeiro paso deuse o pasado mes de marzo na Illa de Madeira; alí foi levada e inaugurada a primeira parte desta exposición e durante este tempo está sendo exposta en varias localidades da Illa.
No mes de xuño, levarase a Ballina (Irlanda) cos traballos máis recentes. Para o vindeiro curso está previsto viaxar a Volos (Grecia), Nápoles (Italia) e, en xuño do 2012 todo o traballo feito no proxecto será exposto no Coliseo Noela.
Ata entón, as pedras falaron e decidiron convertirse en camisetas…
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Suso Montero, profesor de educación de adultos.