Ricardo Paz, membro de AISO “ O PETO “ (Asociación por un Interese Solidario) http://www.opeto.org/
veu a falarnos de banca ética. Para falarnos iso, houbo de falar do sistema financeiro, da banca en xeral e do seu funcionamento así como do sistema económico no seu conxunto, das súas eivas e da súa relación coa política.
Contounos:
-
Cousas que sabemos, por exemplo sobre o diñeiro como mercancía: máis do 80% dos movementos de diñeiro son puramente iso hoxe en día, movementos de diñeiro sen que haxa ningún intercambio de produtos!.
-
Cousas que supoñemos, por exemplo que sempre aparece a insaciable Nestlé e as súas prácticas especialmente agresivas e depredadoras
-
Outras das que non tiñamos noción, como as presións de Siemens para impedir a aprobacion de leis que non lle resultan favorables, como exemplo do sometemento da política aos grandes poderes económicos.
Nunha amenísima charla Ricardo foi desenvolvendo o guión da súa exposición salpicada de frases, anécdotas e citas (“cando non se vive como se pensa remátase por pensar como se vive”), ata explicarnos en que consiste a banca ética, a súa orixe e o porqué da súa necesidade. El e as persoas de AISO “ O PETO “ coa súa acción e co seu pensamento fálannos desa obriga moral, que deberiamos sentir todos e todas, de vivir con maiúsculas tentando de facer deste outro mundo, ese outro mundo posible que o é, se queremos.
Julia Novales, profesora Ciclo Administración e Finanzas