Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Concursos no centro’ Category

Estas son algunhas das ilustracións realizadas polo alumnado de plástica de 3º de ESO para a edición do caderno cos relatos presentados ao concurso de contos de medo.

man_ana man_luisa man_paqui
medalla-belen medalla-yara nite-pechada_fatima
noite-pechada_patricia noite-pechada_veronica pesadelo-fonte_eloy
pesadelo-fonte_fran pesadelo-fonte_rai pobo-fantasma_adrian
pobo-fantasma_catuxa pobo-fantasma_elisa xardin-caseron_anxo
xardin-caseron_noela xardin-caseron_xabi

… e aínda hai máis.

Haberá que agardar pola impresión do caderno!

Preme nas miniaturas para ver os debuxos no seu tamaño orixinal

Advertisement

Read Full Post »

Soa xa o despertador

Soa xa o despertador e xa empezou o día,
vísteste e levántaste pero aínda estás durmida.
vas para o colexio xa sen almorzar,
por ser unha vaga e non querer despertar.
Logo chegas a clase e non queres nin entrar
porque a “plasta” da profe xa está a raiar.
Miras o teu caderno e non queres estudar
só pensas en cancións para poder rapear.
Que pretendes facer?Que pretendes encontar?
(máis…)

Read Full Post »


Jorge García-Valenciano e Gerardo realizaron este videopoema como mostra para o concurso.

Read Full Post »


EDLG e o Equipo da Biblioteca organiza un concurso entre o alumnado que consiste na elaboración de videopoemas a partires da obra poética de Lois Pereiro. É tan fácil como estas mostras que podes ver aquí. Anímate e participa.

Os premios serán entregados nun acto a realizar durante o Mes Cultural, do 26 de Abril ao 20 de Maio

Read Full Post »

RapStar_cut_220BASES:

Non hai límite na extensión dos contos nin das letras de rap.

A temática ten que estar relacionada co amor ou o desamor no caso dos contos, e será libre no caso das letras de rap.

Deberán deixarse na conserxería antes do 25 de febreiro e do seguinte xeito:

Dentro dun sobre grande cun pseudónimo por fóra introduces o conto ou letra de rap acompañado por un sobre pequeno co mesmo pseudónimo por fóra e co nome completo e o curso dentro.

Os premios serán libros, camisetas e CDs orixinais en galego.

Read Full Post »

bruxa_e_morcego_240

Na celebración do Samaín o pasado venres 29 de outubro tivo lugar a entrega de premios do concurso de Contos de Medo.

No medio da inquedante decoración de cabazas-caveira e morcegos, co susto da aparición dun fato de pantasmas terroríficos que resultaron ser o alumnado da Aula Específica e arrepiando despois de ver a curta “Medo” de vinte10, aínda quedaron azos para entregar os premios.

Os relatos premiados nesta edición son:

  • 1º premio: “A medalla”, por Adriana, de 2º de bacharelato.
  • 2º premio: “A man”, por Iria, de 4º de ESO.
  • 3º premio: “A búsqueda”, por Nerea, de 2º de ESO.

Velaquí o relato gañador
do primeiro premio:


A MEDALLA

Dende logo que aquela viaxe ía ser con diferenza a peor da súa vida. Xiandra sóuboo no mesmo momento en que seus pais llo anunciaran, naquel xusto momento en que súa nai pronunciou “GALICIA” e dixo que estarían coa avoa na casa familiar de Portosín.

seguir lendo “A medalla”

Read Full Post »

Older Posts »