Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Concursos’ Category

Estas son algunhas das ilustracións realizadas polo alumnado de plástica de 3º de ESO para a edición do caderno cos relatos presentados ao concurso de contos de medo.

man_ana man_luisa man_paqui
medalla-belen medalla-yara nite-pechada_fatima
noite-pechada_patricia noite-pechada_veronica pesadelo-fonte_eloy
pesadelo-fonte_fran pesadelo-fonte_rai pobo-fantasma_adrian
pobo-fantasma_catuxa pobo-fantasma_elisa xardin-caseron_anxo
xardin-caseron_noela xardin-caseron_xabi

… e aínda hai máis.

Haberá que agardar pola impresión do caderno!

Preme nas miniaturas para ver os debuxos no seu tamaño orixinal

Advertisement

Read Full Post »

RapStar_cut_220BASES:

Non hai límite na extensión dos contos nin das letras de rap.

A temática ten que estar relacionada co amor ou o desamor no caso dos contos, e será libre no caso das letras de rap.

Deberán deixarse na conserxería antes do 25 de febreiro e do seguinte xeito:

Dentro dun sobre grande cun pseudónimo por fóra introduces o conto ou letra de rap acompañado por un sobre pequeno co mesmo pseudónimo por fóra e co nome completo e o curso dentro.

Os premios serán libros, camisetas e CDs orixinais en galego.

Read Full Post »

bruxa_e_morcego_240

Na celebración do Samaín o pasado venres 29 de outubro tivo lugar a entrega de premios do concurso de Contos de Medo.

No medio da inquedante decoración de cabazas-caveira e morcegos, co susto da aparición dun fato de pantasmas terroríficos que resultaron ser o alumnado da Aula Específica e arrepiando despois de ver a curta “Medo” de vinte10, aínda quedaron azos para entregar os premios.

Os relatos premiados nesta edición son:

  • 1º premio: “A medalla”, por Adriana, de 2º de bacharelato.
  • 2º premio: “A man”, por Iria, de 4º de ESO.
  • 3º premio: “A búsqueda”, por Nerea, de 2º de ESO.

Velaquí o relato gañador
do primeiro premio:


A MEDALLA

Dende logo que aquela viaxe ía ser con diferenza a peor da súa vida. Xiandra sóuboo no mesmo momento en que seus pais llo anunciaran, naquel xusto momento en que súa nai pronunciou “GALICIA” e dixo que estarían coa avoa na casa familiar de Portosín.

seguir lendo “A medalla”

Read Full Post »

Como ven sendo costume, desacougados coa proximidade da Festa das Caveiras, convocamos o Concurso de Contos de Medo.
Queremos ter preparado un bo feixe de historias arrepiantes para asustar aos nosos achegados nas noites longas e frías que veñen co comezo do mes de novembro.

Bases do concurso:
cabaza_contos-medo_2010

  • Extensión:
    Os contos poden ter o tamaño que ti queiras
  • Lugar de presentación:
    Secretaría do instituto
  • Data límite de presentación:
    Mércores 27 de outubro no 1º recreo
  • Modo de presentación:
    Nun sobre grande cun pseudónimo por fóra, introduces o conto e un sobre pequeno que teña o pseudónimo por fóra e o nome, apelidos e curso dentro.
  • O xurado recollerá os contos e o nome dos gañadores darase a coñecer no taboleiro de dinamización antes do venres 29, día no que se celebrará o magosto e a entrega de premios.
  • Os premios consistirán en camisetas e libros relacionados co medo ou co samaín

NOTA: Se no acto de entrega dos premios vedes que os membros do xurado están pálidos, lles treman as mans e pingan suor frío pola fronte, non é que sexan vampiros ou ánimas en pena; é que tiveron que ler os vosos contos.

Read Full Post »

Por terceiro ano consecutivo, o equipo de profesores do proxecto “A Ciencia Conta” da Universidade de Vigo convoca o seu 3º Concurso de Relatos “Ciencia que Conta 2010”.

O obxectivo do equipo é contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica.

Ciencia que Conta é un concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de poñer en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

Descargar Díptico coas bases do concurso.

  • O prazo para o envío dos traballos remata o 30 de outubro de 2010.
  • O primeiro premio é un ordenador ultraportátil.

Na páxina web de Ciencia que Conta http://cienciaqueconta.wordpress.com podes ler os relatos seleccionados en convocatorias anteriores e as últimas novas do concurso.

Na edición 2009 alumnado deste centro obtivo tres premios neste certame. Podes ler os relatos premiados nas seguintes ligazóns:

ÁNIMO!

Read Full Post »