Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Campañas’ Category

A Coordinadora Galega de Equipos lanzou en novembro esta campaña e nós sumámonos coa adquisición de material como gorras, camisetas e pegatinas para difundir entre o profesorado e o alumnado esta premisa… porque o noso medio natural é o galego.Trátase dun novo concepto: o Ecolingüismo, e aquí tedes un enlace para acceder á Ecoguía :

Dende este enlace ao sitio orixinal podedes descargar a guía en formato PDF ou de presentación de diapositivas: >> CGENDL “O galego, o noso medio natural” Ecoguía >>

Advertisement

Read Full Post »

Ao igual que no curso anterior, sumámonos a esta iniciativa posta en marcha hai un par de anos polo CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral ( A Coruña ), mostrando no noso taboleiro o catálogo de xogos electrónicos, libros, cine, computadores, xogos de mesa, documentais, música, roupa, mp4, móbiles etc cos que podemos agasallar na nosa lingua.
Aproveitamos para desexar un bo ano 2011 para a nosa lingua!!!!

Descarga dos carteis en PDF (2,4 MB)

Read Full Post »

revoltalloXa está en marcha a Xornada pola Ciencia en Galego do 4 de novembro, unha xornada dirixida dende o ensino a toda a sociedade galega, para defender a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicarlle á sociedade o orgullo de expresar ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencias científicas e tecnolóxicas pensadas e desenvolvidas en galego.
En coordinación coa CENDL e apetega, tecnoloxia.org súmase coa actividade Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego, iniciativa que pretende dar a coñecer e difundir vocabulario técnico existente na nosa lingua, perfectamente válido para expresar e difundir tecnoloxía.

Read Full Post »

AlfonsoX_Libro_500

As entidades e asociacións AGAPEMA, ENCIGA, APETEGA, Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, IGACIENCIA, SGAPEIO, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago, Universidade de Vigo, Instituto da Lingua Galega, CIG-Ensino, STEG, Nova Escola Galega, AS-PG, A Mesa pola Normalización Lingüística, Deputación de Lugo, Normalización Lingüística da Deputación de A Coruña, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza e Museos Científicos Coruñeses, entre outras, convocan para o día 4 de novembro o Dia da Ciencia en Galego como reivindicación da validez da lingua galega na comunicación científica e para homenaxear ás personalidades destacadas da ciencia e da sabedoría en Galicia ou relacionadas co noso país.
Neste primeiro ano o a xornada adícase ao astrónomo galego Ramón María Aller Ulloa, ao rei sabio Afonso X e ao físico escocés James Clerk Maxwell.

cartel_cienciaengalego_240 cartaz_cienciaengalego_CGENDL_h353

Read Full Post »