Pincha nos debuxos para velos no seu tamaño orixinal |
Archive for the ‘Aula de Plástica’ Category
Os debuxos dos contos de medo, feitos por alumnado de 3º ESO
Posted in Actividades do EDLG (antes ENDL), Aula de Plástica, Biblioteca on 18/06/2011| Leave a Comment »
O obradoiro de Abraham Carreiro visto por dúas alumnas de 1º de ESO
Posted in Actividades do EDLG (antes ENDL), Aula de Plástica, Biblioteca, Mes Cultural 2011, Varia on 09/05/2011| Leave a Comment »
O xoves 5 de Maio Abraham Carreiro veu a ensinarnos tipos diferentes de debuxos e algúns trucos para debuxar mellor. Primeiro ensinounos como facía el e logo puxémonos mans á obra. Cada personaxe ten que ter a medida de 7 cabezas de debuxamos calquera personaxe que se nos ocurrira en diferentes medidas. O máis fácil foi inventar os ollos, a boca … e o máis difícil, tentar debuxalo exactamente como o imaxinamos. Gustounos moito este obradoiro de Abraham Carreiro
porque para nós debuxar é moi importante, e máis se é divertido.
Alicia Fontenlos e Elvira Cadarso, 1º A
Obradoiro de comic impartido por Abraham Carreiro
Posted in Actividades do EDLG (antes ENDL), Aula de Plástica, Biblioteca, Mes Cultural 2011 on 09/05/2011| Leave a Comment »
O xoves 5 de maio tivemos un obradoiro de cómic con Abraham Carreiro. Debuxou en pouco tempo varias personaxes que ía creando co alumnado, unha cigoña viaxeira con zapatos de tacón, un sinchan ensinando o cuíño, un home espido e varios máis. Ensinounos a facelos tendo en conta as proporcións, comézase pola cabeza e o resto ten unha medida equivalente a sete cabezas, aínda que podemos variar esa proporción. Tamén xogamos coas expresións das caras, alegres, tristes, enfadadas …
Abraham Carreiro é un profesional da ilustración, di que o que máis lle gusta é a ilustración infantil e a político-social na prensa, mais tamén deseña logotipos, realiza debuxos de animación, cómics. Pasou por Belas Artes e Artes Gráficas, e aprendeu moito do seu pai Pepe Carreiro.
En breve contaremos con algunha das súas publicacións na Biblioteca do centro.
Inma Rodríguez, profesora de Grego e Plástica
Todos os mares
Posted in Aula de Plástica, Saídas, Tradicións on 01/05/2011| Leave a Comment »
Recollemos, pois, nós tamén as crebas como fixeron durante moitos anos as nosas antepasadas, os nosos antepasados. Nesta ocasión cun novo obxectivo: de todo podemos tirar un proveito artístico. De paso limpamos un pouco a praia de moitos obxectos que non teñen alí o seu lugar e houbo quen se deu un baño.
Inma Rodríguez, profesora de grego e de plástica.
As ilustracións para os contos de medo
Posted in Actividades do EDLG (antes ENDL), Aula de Plástica, Biblioteca, Concursos, Concursos no centro, Contos de medo, Narrativa on 29/04/2011| Leave a Comment »
Léxico tecnolóxico
Posted in Actividades do EDLG (antes ENDL), Aula de Plástica, Ciencia e tecnoloxía on 10/11/2010| Leave a Comment »
No taboleiro de
normalización dinamización da lingua (galega) caeu unha folerpada de termos tecnolóxicos, e nos corredores e por todos os recunchos do instituto apareceron cartolinas cos nomes dunha morea de aparellos e enxeños.
Parece ser que a ocorrencia foi tomada da páxina “Revoltallo de termos” do sitio tecnoloxia.org e que os letreiros foron confeccionados na aula de plástica.