Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Documentais’ Category

Vinte entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perspectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir.

(Texto tomado da páxina do documental en Vimeo)

As Candongas do Quirombo é un grupo informal formado por Andrea Núñez, Xandra Santos, Lara Rozados, Laura Fernández e Raquel Rey. Cinco mozas galegas que xe xuntan baixo este nome para levar a cabo un proxecto de creación dun documental sobre a recuperación da memoria do galego.

(Texto tomado da páxina O galego vivencial do blogue do equipo)

Podedes ver o documental completo, duns 40 minutos, >> nesta ligazón >>.

E tamén podemos coñecer os detalles da realización do documental no blogue do equipo
>> As Candongas do Quirombo >>. A historia comezou >> así >> e nuns poucos meses deu este este excelente resultado.

Os nosos máis sinceros parabéns e agradecemento a estas mozas pola calidade do traballo e polo apoio á revitalización da lingua e a recuperación da memoria da represión que sufriu.

E grazas tamén á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia polo apoio a esta iniciativa.

Advertisement

Read Full Post »