Soa xa o despertador e xa empezou o día,
vísteste e levántaste pero aínda estás durmida.
vas para o colexio xa sen almorzar,
por ser unha vaga e non querer despertar.
Logo chegas a clase e non queres nin entrar
porque a “plasta” da profe xa está a raiar.
Miras o teu caderno e non queres estudar
só pensas en cancións para poder rapear.
Que pretendes facer?Que pretendes encontar?
nesta merda de vida nada che van regalar.
[Estribillo]:
Soa xa o despertador abre os ollos e mira,
se te pasas de corredor quizais a morte te persiga.
Parva inmadura ignorante como cres que é a vida?
Que todo é de rosa e ninguén che afundirá a vida?
Soa xa o despertador abre os ollos e mira
que se segues así acabaráseche a vida.
Saes do instituto despois de estar castigada,
ti xa queres marchar e xa non queres ver nada.
Logo comes e séntaste a mirar,
esa caixa tonta que che ten que “pasmar”.
Tirada no sofá sen facer nada,
fumarte dous porros e andar por casa colocada.
A iso lle chamas boa vida?? Dependes dunha pantalla,
un sopro de fume e unha lingua usada.
Logo quéixaste e replicas que non che deixan respirar,
que che angustian e castigan por non querer estudar.
De aí sae o teu enfado e mal humor,
e para consolarte só berras e dis non.
Choras e pregúntaste que farías mal?
Parva “niñata” inmadura aínda che queda moito por camiñar.
[Bis]:
Soa xa o despertador abre os ollos e mira,
se te pasas de corredor quizais a morte te persiga.
Parva inmadura ignorante como cres que é a vida?
Que todo é de rosa e ninguén che afundirá a vida?
Soa xa o despertador abre os ollos e mira
que se segues así acabaráseche a vida.
Pola noite os teus colegas danche a probar
unha merda que os queima e os vai matar.
Sénteste poderosa unha adulta con control
por iso tomas merda e tanto alcohol.
Cando accedes e o probas estás asustada,
pero falo e aseguras que non che deixen marxinada.
A ondes vas? se só es unha “niñata”!!
que non ten experiencia que non sabe facer nada.
Pouco a pouco afúndeste e xa non podes respirar
angústiaste e humíllaste e xa queres despertar!!!
Aquí narra unha “menda” experimentada
que se meteu nesa merda e non lle quedaba nada.
Pero recórdao ben e que che quede aí dentro
se o ignoras e o esqueces acabarás morrendo.
«Adilaer» 1º bacharelato.
Deixar un comentario