Feeds:
Artigos
Comentarios

O venres 17 presentouse no centro o nº 2 da revista Entrepontes, elaboradorada polo equipo de redacción que conforma parte do noso alumnado, e dirixidos pola profesora Chefa Lorenzo. Xa recibiu o premio de El País de los Estudiantes a nivel autonómico. Agora competirá a nivel nacional e desexámoslles moita sorte.

Aquí tedes a Revista Entrepontes

Advertisement
portada_medo2011

Portada
Elisa Soutullo

a_man

A man
Paqui Leis

A medalla
Belén Freire

noite_pechada

Noite pechada
Fátima García

pesadelo_da_fonte

O pesadelo da fonte
Rai García

xardin_do_caseron

O xardín do caserón
Noela Barreiro

contraportada_medo_2011

Contraportada
Patricia Gandarela

Pincha nos debuxos para velos no seu tamaño orixinal

A nena choraba, a nai non viña. A nai choraba, a nena non viña. O pai esperaba no cemiterio.

Xabi Romarís, 3º ESO.


TEMPO

Tocáronnos vivir 365 días ao ano, 29, 30, 31.. días ao mes, 7 días á semana, 24 horas ao día… Para que? Para queixarnos! Que se as horas non pasan, que se os días tampouco… pois xa non vos digo os meses! E os anos! Aínda así, cando te dás de conta do tempo e pensas, e pensas, e pensas, e pensas… – EEEEEEEEEEEEEEEEEEE! Tampouco vaias quedar a durmir! Pois iso, cada ano faise máis curto có outro, e máis, e máis.. e así sucesivamente… Abre os ollos, mira ao teu redor e lembra: O tempo é ouro, o máis valioso do mundo, que cando te decatas xa é hora de que se che acabe o tempo…

Catuxa Sendón, 3º ESO.


ESCURIDADE

 Todo estaba escuro, tiña medo, notaba a desesperación nas miñas trémulas mans, buscaba unha saída, un sinal, un signo de vida e… de súpeto, logrei acender a luz do meu cuarto.

Alba, 3º ESO.


MAÑÁ

Non son o mesmo, síntome mal, fáltame algo, xa non me gusta saír, non quero saír da casa, estou triste, as sabas están molladas polo escorrer das miñas bágoas pola cara, por que? Nin sequera podo quedar durmido.

Rimm rimm rimm…

 -Si

-Teño que dicirche algo.

 -Son as cinco da mañá. Que pasa?

-É un pouco duro.

 -Non me sinto ben, non me des unha mala noticia.

 -… morreu … PUN!!

-Eii! que pasa? estás… estas aí? (berrando)

Fran Rama, 3º ESO.


QUEIXÁMONOS DE VICIO !

Ishmael Beah é un neno mozambicano de 5 anos. Soña con ser futbolista e xogar en Europa, pero o que non sabe é que dentro de dous anos matarán a súa familia e entre as súas pequenas e fráxiles mans se moverá un M-16. Converterase nun neno soldado.

Raimundo García Ferreiro, 3º ESO.

ALERXIA

Sempre lle fago mal á xente, pero non é porque queira, creme! Sempre que vou dar unha volta a xente mira para min e poñen unha cara como se fose un abafado, e se sen querer lles rozo, aí si que se monta unha! Son capaces de perseguirme con tal de botarme fóra do seu espazo vital! A xente desprézame, sempre que estou pousado nalgún lado veñen e danme con paus para que me vaia… Isto non é vida! O peor de todo é que parece que lles fago mal de verdade ás persoas… Parece que me teñen alerxia! Non sei se é unha impresión miña ou se realmente cando paso cerca dalgunha desta xente esbirra. É unha cousa que me quita o sono polas noites, xúrocho! Ás veces desexaría non ser unha pelusa.

Fátima García, 3º ESO.

Máis cerca! Quérote máis pretiño de min, ven, non te vaias! Se te vas todo será moito máis difícil para min. Non sei que farei cando te vaias… Vou ter que ser eu quen faga a miña cama, quen arranxe o meu cuarto, quen se vai ter que preocupar dos seus propios asuntos, quen vai ter que pensar no futuro e quen non vai poder vivir despreocupada nunca máis. Se te vas, onde van quedar os xogos? E a facilidade? Non cho sei, pero non quero que te vaias, querida infancia.

Fátima García, 3º ESO.


A RÚA “MORTE”, Nº9

 Hoxe sei que vou morrer. O que fixen non ten perdón e todo se paga. Todos mo advertiron, intentaron que non pasase, pero nin eu imaxinara que sairía todo tan mal. Aínda non sei como o vou confesar, porque ocultar teño claro que non o vou ocultar. Gustaríame que se alguén le isto que se despida por min. Amigas, botareivos moito de menos pero aprenderei a lección e conto con vervos axiña e volver a saír con vós outra vez. Vida, tamén che debo un “ata outra”, non nos volveremos ver ata que pase unha boa tempada e a miña actitude mellore e confío en que así sexa. O momento chegou:

 -Mamá, xa me deron as notas.

Noela Barreiro Arufe, 3º ESO.

Os Contos de Medo deste curso son o resultado da escolla de relatos de medo presentados ao concurso que todos os anos organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega polo Samaín.

En anos anteriores editábanse conxuntamente cos relatos de Amor, pero este ano non foi posible porque a ese concurso non se presentou ningún texto.
Consideramos que para editar só os de medo, deberiamos engadir algo máis, e por iso contamos coa inestimable colaboración da aula de plástica de 3º da ESO, que propuso so alumnado a elaboración de debuxos acordes con cada relato.

Esperamos que vos gusten, presentaranse xunto coa revista Entrepontes nun acto do que vos manteremos informados.

Manuel González Álvarez,  impulsor da web do audiovisual galego recentemente desactivada flocos.tv, recibiu o galardón da XII edición dos Premios Leixaprén organizados pola Coordinadora na que colabora o noso centro, e que este ano se celebraron no IES Porto do Son coa “festa da imaxe e da palabra” dentro do Encontro Audiovisual Escolar Galego que este centro vén organizando durante o mes de Maio.

cartaz_encontro11.png

Para saber máis:
XII Premio Leixaprén e Encontro Audiovisual Escolar Galego

O Liceo de Noia prestou amablemente ao IES Campo de San Alberto as súas instalacións para a representación das dúas obras de teatro preparadas polo alumnado do centro.

O grupo Debalde.com representou O Achado do Castro, de M. Núñez Singala, con alumnado da ESO, preparados polas profesoras Amalia e Mª Xosé , que gozou de grande éxito entre o público asistente.

Por outra banda, o grupo da Aula Específica, Superespeciais.com, representou unha adaptación ao galego do entremés de Cervantes ” O vello ciumento”, tamén con grandes aplausos do público.

teatro-debalde_o-achado-do-castro

Un momento da representación de O Achado do Castro no Liceo de Noia